jueves, 30 de abril de 2009

Material

Temos novo material que son camisolas co lema: SIAREIR@S CD OURENSE. Coas letras en branco e coas camisetas en cor vermella e negra a 8 euros cada unha. Ademais inda quedan algunhas sudadeiras co mesmo lema e en vermello a 22 euros. Tamén hai chisqueiros a 1 euro.

Se a alguén lle interesan que se pase polo noso sector nun descanso e que pregunte por alí.

Saúdos.

Ourense 2-1 Rápido de Bouzas

Mal partido e derrota que nos deixa a un só punto do Montañeros co que temos un partido a semana que ven, a parte dese tan só quedan dous na casa polo que non podemos fallar se queremos quedar segundos. Agardemos que o Compos nos bote unha man esta semana e consiga gañarlles.

Ata alí foi algún membro do grupo pero non se deixou notar moito a presencia ourensá.

O domingo ás 5 na casa partido moi importante contra o Coruxo no que agardemos que tras estas xornadas de relax voltemos a xuntarnos algo de xente na grada e montar bo ambiente para ir quentando motores para o play-off. E despois ás 7 e media xoga o filial contra o Barco para intentar evitar o descenso.

lunes, 27 de abril de 2009

Ourense 2-1 Gran Peña

Partido moi malo que comezou cun gol no primeiro minuto a prol dos locais que se relaxaron e recibiron o empate, inda así conseguimos volver a poñernos por diante antes do descanso. Na segunda parte o partido foi se cadra todavía mais aburrido e nos derradeiros intres os visitantes botáronse arriba e por pouco non nos dan un susto. Ó final tres puntos que fan que sigamos a 4 do Montañeros e xa só quedan 4 partidos.

Na grada moi pouca xente e animación nula excepto en certos momentos puntuais.

A próxima xornada será entre semana o mércores en Bouzas, a ver se se desplaza alguén. E o fin de semana volvemos xogar na casa contra o Coruxo.










lunes, 20 de abril de 2009

Pontevedra B 2-1 Ourense. Xa somos de play-off.

Segundo desplazamento consecutivo no que nos desplazamos en moi baixo número e só fumos un coche, inda que en xeral de Ourense foi pouca xente, a explicación é clara: xa estamos nos play-off e á xente isto xa non lle interesa e o horario (domingo ás 12 da mañá) tampouco axudou. De todas formas os poucos que fumos inda animamos bastante.

O partido comezou bastante ben na primeira metade onde estivemos mellor os visitantes e chegamos ó descanso cunha vantaxe mínima pero na segunda metade pouco a pouco fumonos botando atrás e eles empataron ata que cando xa todo indicaba que a cousa quedaría así fixeronnos o segundo gol.

Con esta derrota estamos a catro puntos do segundo a falta de 5 xornadas.









domingo, 12 de abril de 2009

Ourense 2-0 Portonovo

Partido aburrido no que o mellor foron os tres puntos e manter a diferencia co Montañeros.

Na grada pouca xente que chegou tarde e animación a ráfagas, nótase que a xente está relaxada e quere que chegue xa a fase de ascenso, a liga parece que perdeu o atractivo para moitos, pero recordemos que quedan 6 partidos e que todavía hai que asegurar o segundo posto.

A semana que ven toca ir a Pontevedra. Alí nos vemos!!












jueves, 9 de abril de 2009

Ourense 2-2 Montañeros. Eliminados da Copa Galiza.

Pois aqui rematou a nosa andanza na Copa Galiza contra un equipo co que nos estamos xogando na liga o segundo posto, pero podemos estar contentos xa que a eliminación foi nos penaltys tras o empate do final dos 90 minutos.

O partido comezou ben dominando e marcando o primeiro gol, logo eles remontaron tras varias ocasións e ó final botamonos arriba e conseguimos o empate co que chegamos ós penaltys.

Levamonos 4.000 euros e agora quedan 7 xornadas nas que temos que centrarnos a tope e rematar ben a liga para chegar ben ós play-off.

O domingo ás 5 da tarde Ourense-Portonovo.









lunes, 6 de abril de 2009

Santa Comba 1-2 Ourense

Partido pouco atractivo no que conseguimos sacar os tres puntos remontando un resultado que pronto se volveu adverso. Co empate do Montañeros poñemonos a 7 ptos. do segundo que agora parece o obxetivo prioritario xa que o quinto está a 16 ptos. e a falta de sete xornadas parece que xa estamos case no play-off.

Na grada pouco que destacar, pola nosa banda fumos un coche dende horas temperás que estivemos pola vila adiante e outro que se perdeu e chegou xa na segunda metade, co cal pouco animamos, destacar a presencia de ourensáns que vendo a pouca xente do lugar presente notouse bastante.

O xoves ás 12 da mañá xogamos contra o Montañeros os oitavos da Copa Galiza agardemos que á xente non se lle peguen as sabas e sexamos un número aceptable para animar ó equipo xa que a pesares do horario o rival promete un bo partido.





Barrilada

Aquí quedan algunhas fotos da barrilada do sábado na grada de preferencia con motivo do aniversario dun membro do grupo e aproveitando o partido do filial que gañou 3-2 ó Melias nun partido vital pola salvación que este ano promete estar moi cara.
















miércoles, 1 de abril de 2009

Barrilada

Este sabado a partir das 16:00 barrilada polo festexo dun dos membros do grupo do seu aniversario na grada de preferencia do Estadio do Couto; ás 18:00 xogará o filial contra o Melias e na grada de preferencia só estaremos nós, o resto da afición situarase en tribuna como ven sendo habitual. Máis tarde tamén cearemos alí e logo xa ata que o corpo aguante.

E o domingo toca ir a Santa Comba a animar ó equipo.

Saúdos !!