lunes, 24 de agosto de 2009

Este blog morre.

Coa xa anunciada fusión de AV con Old Firm formando o novo grupo OUligans desaparece tamen este blog para dar paso ó novo blog onde daremos as novas do novo grupo a partir de agora:

http://ouligans2009.blogspot.com/

O dominio do blog será este ata o ano que ven cando cambiaremos o dominio polo de ouligans.blogspot sen o ano de fundacion, cousa que non se pode facer agora por problemas co blogspot.

Saúdos e pasádevos polo novo blog!!

Comeza a liga.

Por fin, tras o verán volve a ansiada liga e volvemos con folgos renovados para esta nova campaña na que agardamos mellorar a tempada anterior e iso implica o ascenso, pero bueno imos ir pasiño a pasiño e a disfrutar do equipo e a animalo como vimos facendo. Para comezar este domingo temos o primeiro partido na casa ás 6 contra o Coruxo. Sacarase unha faixa-mensaxe referindose ó peche da grada de fondo e a hora de quedada para a barrilada do grupo antes do partido será a iso das 3 no Skalón.

Deica o domingo!!



Texto sacado do blog de CityBoys:

El torso desnudo, una gota de sudor resbalando por tu mente, un calor asfixiante y una mano amiga que se tiende delante tuya. "¡Coño! ¿Que tal el verano?" Hoy es la retahíla más oida en la grada. Son momentos de re-encuentro, de recordatorio de anécdotas y de contar (y que te cuenten) como ha ido todo para la peña a la que más le perdiste la pista. Quedan sólo 10 minutos, no recuerdas 10 minutos tan largos desde las últimas jornadas de liga de la temporada pasada...¡¡¡que mal lo pase!!! La megafonía del estadio ladra las alineaciones, recuerda la maldita publicidad y acaba rematando con el maldito comportamiento que se supone debemos mantener los aficionados a la pelota de cuero...¡como si fueramos colegiales, no te jode! La grada rival se encuentra semi-vacia, quizás tengan excusa, no ha dado tiempo para organizar nada, todavía no se han visto la cara ni siquiera en su estadio, pero me gustaría que la imagen fuese más sugerente con una grada foránea que nos haga redoblar los esfuerzos para llevar a nuestra mágica camiseta a alcanzar los tres primeros puntos del campeonato. Poco a poco la grada se va poblando, la gente apura las últimas copas y cervezas en el bar, las colas en la calle se comienzan a formar, nadie se quiere perder la primera salida al campo del equipo. Este año promete y seguro que lo conseguimos. Ya no puedes más con los nervios, sólo queda un puto minuto que te parece toda una vida y estas deseando volver a ver fútbol, del de verdad y no las pachangas veraniegas, después de todo un verano que te ha valido para recargar las pilas. Parece que por ahí asoman, si, si...El corazón vibra, la mente en blanco, la bufanda al cielo...salta el equipo...

Arbo 0-2 Ourense

Nova victoria no penultimo partido da pretempada que disfrutaron os membros do grupo desplazados nun coche.

Caselas 3-1 Ourense

Primeira derrota dos amistosos da pretempada nun partido presenciado por un coche de membros que se desplazaron ata alí.

Reunión.

Na reunion do venres decidiuse que o mércores será o día límite para pagar o carnet no Skalón para a xente que queira telo para a primeira xornada de liga, o que non o paguen xa terán que retiralo comezada a liga, que falen con xente do grupo. Sobre a faixa para os desplazamentos xa se fará e de momento utilizarase algunha das que xa temos. A organización dos desprazamentos farase cada semana dependendo da xente e as posibilidades xa se mirará como ir ós partidos. Por último a festa que se esta a organizar do grupo farase o 17 de Outubro en principio e xa se daran mais datos cando se vaia confirmando todo. Outras cousas quedan por mirar.

Saúdos!!

martes, 18 de agosto de 2009

Reunion.

Na reunion de onte decidiuse o modelo da faixa do novo grupo que podedes ver ó fondo da noticia, tamén se decidiu que no primeiro partido haberá barrilada gratis para tódolos socios de grupo no Skalón de onde sairemos todos xuntos camiño do estadio, e por último e máis importante que o venres é o ultimo día para pagar os 45 € para sacar o carnet de socio do grupo co que agasallaremos unha camisola do grupo, os que non paguen antes do venres terán que sacar o carnet nunha segunda tirada ou individualmente cada un.

O venres nova reunión ás 9 da noite no Skalón na que decidiremos temas que quedaron pendentes como facer unha faixa pequena para os desplazamentos e outro material, unha faixa-mensaxe para o primeiro partido sobre o tema do peche de fondo, o tema dos desprazamentos para o que hai dúas opcións: poñer unha cuota fixa mensual e poñer buses para todolos partidos ou semana a semana dependendo da xente interesada en viaxar poñer bus pagado polos que vaian ou ir en coches, etc. dependendo da xente e o desprazamento, etc.




Barbadas 2-2 Ourense

Partido no que o nivel baixou pola calor e pola acumulacion de partidos.

Nos Carris un coche de membros do grupo.

A Peroxa 0-5 Ourense

Partido sinxelo nun campo de terra moi dificil de practicar e un partido no que pouco a pouco foron caendo os goles.

Ata alí fumos un par de coches do grupo.



Celanova 2-4 Ourense

Partido sinxelo no que na segunda metade cos cambios o Celanova recortou distancias.

Na bancada pola nosa parte un coche de desplazados.

viernes, 14 de agosto de 2009

Partidos fin de semana.

Hoxe xogamos en Celanova, mañá na Peroxa e o domingo en Barbadas, e nos tres campos estaremos presentes.

Ó partido de hoxe iremos un coche do grupo ata Celanova.

Mañá para a Peroxa o partido é ás 6 e quedase ás 5 no Skalón para ir.

E o domingo xogase ás 7 nos Carrís e quedamos ás 6 no Skalón para ir ata Barbadas.

Animádevos a ver a pretemporada do noso equipo. Saúdos!!

jueves, 13 de agosto de 2009

Reunion.

O luns ás 9 reunion no Skalón para dar os nomes para facer os carnets (todos os que queiran sacalo que se pasen ou que lle dean o nome a alguen que vaia) que valdran 40 euros, para decidir o modelo da nova pancarta (todos os que poidades e dominedes minimamente o tema levade a vosa idea que tampouco fai falta nada espectacular), tamén falaremos do material que nos queda e de cando este se remate comezar a sacar xa material co nome do novo grupo e o tema dos desplazamentos xa que hai que falar co club para saber se haberá buses para algún desplazamento e senón decidir para cales imos poñer nós autobus e a forma de financialo e a cales iremos en carros, inda que isto só por riba xa que mais ben irase vendo semana a semana.

Saúdos!!

Algarada pronto será historia.

Así é. É un feito triste e desagradable pero parece que o mais axeitado é o que se vai facer, e é que a partir desta tempada (30 de agosto, data do comezo da liga) Algarada Vermelha e Old Firm uniranse baixo un único nome co que se pretende crear definitivamente e tras o paso de tantos grupos polo fondo do noso estadio un grupo de animación que leve a voz cantante do Couto ou daquel lugar onde o noso equipo xogue, un grupo que definitivamente se asente nas bancadas ourensanas para durar moitos e moitos anos, para vivir bos e malos momentos e en definitiva para facer historia alí onde estea desmarcandose do resto de aficionados ourensáns na hora na que o noso equipo salte ó terreo de xogo e toque darlles o noso alento e tamén fóra dos terreos de xogo onde tamén hai moitas cousas que facer, moito que cambiar e onde tamén debemos dar que falar se queremos chegar a facer cousas grandes. Agardemos que a colaboracion sexa constante e que as cousas nos vaian ben para que este grupo sexa por fin un referente e que este nome non morra nunca e baixo el moitas persoas o defendan, en definitiva agardemos que este novo grupo sexa...eterno.

Esta tempada daremos o primeiro paso e de aqui en adiante na nosa man está a historia que queremos escribir baixo o nome do noso novo grupo:

¡¡ OULIGANS !!

Ourense 1-1 Celta

Bo partido no que lle plantamos cara a todo un segunda división e onde fumos por diante boa parte do encontro, na grada pouca xente e nula animación. Destacar a presencia de membros de Celtarras con nós na bancada.

lunes, 10 de agosto de 2009

Ourense-Celta

Mañá ás 9 xogamos co Celta e este dia marcouse como data límite para decidir o nome do novo grupo e asi poder comezar a retirar os carnets preparar material etc. para esta nova tempada, antes do partido haberá xuntanza onde se a xente acude se decidirá o nome e senón no descanso do partido.

Reunion cancelada

Pois de novo o numero de asistentes era ridiculo co cal volvemos estar sen saber nada a 20 dias da liga...

viernes, 7 de agosto de 2009

Reunion

O luns ás 9 temos reunion no Skalón para decidir definitivamente o nome do novo grupo e outras cousas como a retirada dos carnets e o financiamento dos desplazamentos deste ano. Non faltedes!!

Ourense 0-0 Pontevedra

Partido bastante aburrido que ó final rematou con empate a cero.

Na bancada máis de 20 membros do noso grupo con animación intermitente na primeira metade e constante na segunda onde parecia tratarse dun partido de liga excepto pola calidade do xogo.

O próximo partido o domingo na Rúa (campo do Aguillón) contra un equipo de primeira rexional e o martes ás 9 da noite no Couto o plato forte deste pretempada contra o Celta onde agardamos moi bo ambiente e moita xente na bancada.











jueves, 6 de agosto de 2009

Ourense-Pontevedra

Hoxe ás 20:30 xogamos contra o Pontevedra e ás 19:30 hai quedada no Bar Skalón onde ademais de beber hai que tratar o tema do nome do novo grupo, o dos carnets (se se vai rebaixar o precio cos fondos), o dos desprazamentos (se se van contratar autobuses), o da festa, etc.

Vémonos á tarde.

Reunión co presidente. Fondo seguirá animando.

Hoxe tres membros do noso grupo reunimonos co presidente para tratar o tema dos carnets e da nosa ubicación no estadio.

Para comezar teremos que sacar os carnets da grada de preferencia pero teremos acceso a traves da porta interior á grada de fondo onde nos abriran o bar.

Os precios dos carnets serán de 40 euros para adultos e de 15 para menores.

Somos de Terceira.

Finalmente o Cidade de Santiago inscribiuse en terceira división co cal esfumase o ascenso que vai para o Montañeros e fai que nos quedemos un ano mais na terceira división. Agardemos que o ascenso chegue este ano no terreo de xogo que é onde temos que conseguilo.

AVANTI OURENSE!!

martes, 4 de agosto de 2009

Racing Ferrol 2-0 Ourense

O Ourense quedou eliminado da Copa RFEF nun partido no que dimos a cara pero no que se impuxo a calidade do equipo local. A eliminación fará que nos centremos na única competición que nos queda que é a liga.

Racing Ferrol-Ourense

Hoxe o desenlace do partido do sábado que se resolverá na Malata a partir das 19:00 no que se decidirá quen pasa ás semifinais da fase autonómica da Copa RFEF.

lunes, 3 de agosto de 2009

Reunión

Na reunión de hoxe comezaron a aclararse as primeiras cousas sobre esta tempada.

Decidiuse facer unha festa que en principio queda para o 3 de outubro con comida, pinchada e concertos da que se dará mais información cando se concrete.

No tema do nome do novo grupo (unión Old Firm e A*V) queda pendente ata o xoves que haberá reunión antes do partido onde se decidirá e entón xa comezaremos a preparar pancarta e novo material.

Sobre os desplazamentos deste ano tense pensado alquilar autocares para os partidos que sexa posible e para os que non desplazarnos en coche.

Respecto ó tema do peche de fondo imos contactar co clube e intentar falar con eles para que se abra polo menos para nós e dependendo da resposta decidiremos que facer.

Por último faláronse outras cousas pero xa de menor importancia. O xoves ás 19:30 quedada no Skalón para seguir concretando cousas e ir quecendo o ambiente para o partido que nos enfrontará ás 20:30 co Pontevedra.

Deica o xoves!!

Reunión

Hoxe ás 9 da noite no Skalón a primeira reunión da tempada na que agardemos que haxa suficiente presencia para tratar todos os temas da tempada que está a dar comezo. Alí nos vemos!!

Ourense 1-1 Racing Ferrol (Ida dos 1/4 de final da fase autonómica da Copa RFEF)

Boas sensacións nos deixa este primeiro partido da tempada que dominamos na primeira metade e que aguantamos na segunda como puidemos deixandose notar o cansancio, de todas formas de non ser polo gol que nos anularon seguramente teriamos gañado.

Na grada media ducia de membros que nos dedicamos mais a beber que a animar ata o final da segunda metade onde nos puxemos a entonar os primeiros canticos da tempada, que agardemos que continúe coas sensacions que nos deixou onte.







sábado, 1 de agosto de 2009

Ourense-Racing de Ferrol.

Primeiro partido desta tempada (cuartos de final da fase autonómica da Copa RFEF) que chega pronto pero q servirá para ver como se vai acoplando o equipo e pola nosa parte para ir volvendo ás bancadas pouco a pouco neste mes e volvendo a quecer as gorxas neste mes para chegar ó inicio da tempada preparados para estar outro ano máis ó lado do equipo inda que sexa baixo un novo nome, nunha nova grada, etc. temas estes que deben ser aclarados neste mes pouco a pouco pero sen pararse. Agardemos que todo se aclare e que estea todo listo para o inicio da tempada.

¡¡ SEMPRE PRESENTES !!