lunes, 3 de agosto de 2009

Reunión

Na reunión de hoxe comezaron a aclararse as primeiras cousas sobre esta tempada.

Decidiuse facer unha festa que en principio queda para o 3 de outubro con comida, pinchada e concertos da que se dará mais información cando se concrete.

No tema do nome do novo grupo (unión Old Firm e A*V) queda pendente ata o xoves que haberá reunión antes do partido onde se decidirá e entón xa comezaremos a preparar pancarta e novo material.

Sobre os desplazamentos deste ano tense pensado alquilar autocares para os partidos que sexa posible e para os que non desplazarnos en coche.

Respecto ó tema do peche de fondo imos contactar co clube e intentar falar con eles para que se abra polo menos para nós e dependendo da resposta decidiremos que facer.

Por último faláronse outras cousas pero xa de menor importancia. O xoves ás 19:30 quedada no Skalón para seguir concretando cousas e ir quecendo o ambiente para o partido que nos enfrontará ás 20:30 co Pontevedra.

Deica o xoves!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario