martes, 30 de junio de 2009

Caravaca 3-1 Ourense. Rematou a ilusión. Seguimos na terceira.

O titular xa o di todo deste triste día para o ourensanismo. Nun partido que foi visto na nosa cidade por moitos aficionados en numerosos bares que retransmitiron o partido e que presenciamos un cento de afortunados en Caravaca, perdimos e quedamos eliminados pero hai que dicir que fumos mellores durante toda a eliminatoria e que eles gañaronnos con tres goles e cun xogo brusco e trabado que por desgracia deulles bo resultado. O noso gol foi un auténtico golazo obra de Antonio.

A viaxe comezou o sábado ás 12 da noite cun autobús no que algúns fumos bastante animados ata altas horas e que pouco durmimos antes de chegar ó noso destino, a onde chegamos pasadas as 11 da mañá, entón a expedición dirixiuse ós bares da rúa principal que estaba preto do estadio e alí estivemos bebendo e comendo ata as 4 da tarde aproximadamente que marchamos a recibir ós xogadores e onde ademais diso fumos recibidos polos ¿ultras? do equipo murciano que nos dedicaron unhas cantas lindeces coa policia de por medio, xa cos xogadores dentro decidimos entrar nós tamén e fumos acomodandonos na grada supletoria que nos correspondia e comezamos a dar xa folgos ós nosos mentres quecian, a pleno sol deu comezo o encontro e nós a pesar da calor animando e silenciando ós mais de dous milleiros de aficionados locais durante a primeira metade, na segunda cambiou a historia e pouco a pouco segundo o partido foise decantando do seu lado e mentres eles íanse animando ían animando mais ós seus mentres a nós nos invadian os nervios e comezabanse a apagar as nosas gorxas q xa so buscaban unha ultima sorpresa que nos dese o ascenso e que non chegou. Ó remate do partido entre a invasión de campo dos caravaqueños algúns ourensáns tamén fumos a animar ós xogadores. Por certo é de destacar a pasividade da policia local ante as invasions de campo dos aficionados locais tendo en conta que moita xente do noso grupo esta a pasalo moi mal pagando multas por ese mesmo motivo, entre outros, pero bueno é o conto de sempre.

Despois do partido estivemos escoltados pola policia aguantando as provocacions dos locais que en vez de ir a celebrar o ascenso quedaron alí con nós a recibir ós noses xogadores ós que lle dimos ánimos e a algúns viaselles moi afectados, incluido o adestrador e tras isto de volta para Ourense coa sensación de que perderamos algo que estaba feito pero de ter feito ben as cousas durante o ano e pola nosa banda outro desplazamento mais, longo pero que mereceu a pena, como sempre. Agardemos que o non ascenso non provoque unha desbandada de xogadores xa que hai algúns que son fundamentais e moi queridos e coa que hai unha gran unión por parte da afición, esperemos que pese mais as cores o escudo e os sentimentos que os cartos ou a categoría. De todas formas dende aqui gustarianos agradecerlle en nome de todo o grupo tanto a xogadores como a outros membros do clube o seu traballo durante o ano e felicitarlles por esta magnifica temporada.

Por último recordar que durante o verán isto non estará parado xa que pola nosa parte temos pensado montar algunha festa ou encontro e ademais haberá reunións para aclarar temas pendentes dos que xa informaremos, e non vos esquezades de que nun mes comeza a pretempada e como non estaremos presentes. Tamén queremos recordar que inda que é moi complicado e somos de terceira hai unha pequena posibilidade de ascenso administrativo que para darse terian que ocurrir tres cousas: 1. Que o Cidade de Santiago desaparecese ou descendese a unha categoria menor que a terceira división. (senón ascenderia o Montañeros) 2. Que no grupo de 2ºB dos galegos non estivesen os canarios (senón ascenderia o Castillo) 3. Nese caso en principio CD Ourense deberia ascender, dependeria da decisión de clube e federación.

Sen máis despedir esta gran tempada e xa a comezar a preparar a que ven e a agardar posibles novas sobre ese hipotético ascenso, do cal iremos informando.

¡¡FORZA OURENSE!! ¡¡ NÓS NON ABANDONAMOS Ó OURENSE EN TERCEIRA !!

CON GAÑAS XA DE QUE COMECE A NOVA TEMPADA !! ALÍ ESTAREMOS OS QUE NUNCA TE DEIXAMOS !!















sábado, 27 de junio de 2009

Viaxe a Caravaca

A expedición a Caravaca sairá o sábado ás 12 da noite e será un autobus, pola nosa parte pouca xente, entre unha decena e unha ducia de persoas (hai que ter en conta a lonxitude).

¡¡ TI NUNCA SÓ CAMIÑARÁS !! ¡¡ 90 MINUTOS PARA A GLORIA !!

¡¡SEMPRE PRESENTES!!

Vémonos en 2ºB!!

Ourense 1-0 Caravaca

Última rolda e de novo victoria cun gol na primeira metade na que puideron ser máis, pero na segunda notouse o cansancio polo esforzo e eles tamén tiveron as súas ocasións, pero ó final un resultado que nos leva a cruzar a península con moitas posibilidades de ascenso.

No aspecto extradeportivo o día comezou ben cedo cunha comida nas aforas do Estadio e concerto antes de entrar a ver o partido. No partido na nosa zona habia mais de 100 persoas cunha animación digna da importancia do partido, e a entrada foi envexable cunhas 4.500 persoas, lonxe do cheo pero cun aspecto formidable. Ó rematar o partido os xogadores do Caravaca montaron unha tangana no terreo de xogo o que provocou que máis dun cento de aficionados agardaramos a súa saída para recriminarlles esta actitude con berros.

Por ultimo agradecerlle á xente de Celtarras e Fende Testas que estiveron presentes connosco o seu desprazamento.

Estamos mais preto que nunca...tod@s a Caravaca!!







sábado, 20 de junio de 2009

Ourense-Caravaca

Bueno pois este domingo haberá unha serie de actividades antes do importantísimo partido no que nos xogamos o ansiado ascenso que levamos agardando un ano. Aquí vos queda o programa e agardo que se anime moita xente a vir xa que o partido comeza moito antes das 19:30:

-13:00: Comida de Siareir@s que inclúe lacón, empanada e tortilla. O precio son 3 euros.
-16:00: Concerto de Bergallazo.
-17:00: Pinchada Ska futboleira de Dj's.
-19:30: CD Ourense-Caravaca.

Temos que estar todos á chegada dos xogadores para que saiban que máis que nunca estamos ahi. Á saída do equipo sacaremos unha pancarta mensaxe entre outras cousas para dar colorido. Ante o cheo que se agarda dende o clube van proporcionar cartulinas vermellas e azuis para facer un mosaico en todo o campo, o primeiro da historia. Será unha tarde irrepetible e non pode faltar ninguén. Alí nos veremos.

¡¡ NÓS NON ABANDONAMOS Ó OURENSE EN TERCEIRA !! ¿¿ E TI ??

Sorteo última rolda. Ourense-Caravaca.

Bueno pois xa sabemos cal será o ultimo rival para lograr o ascenso, o Caravaca murciano. É un dos mais complicados en principio polos números e polas últimas tempadas ademais de que será un desplazamento moi lonxano para os que vaiamos pero haberá que tomalo con calma. Agardemos sacar un bo resultado e ir a Murcia a asegurar o ascenso e montar unha boa festa alí.

Universidad Oviedo 1-1 Ourense. Xa estamos na última rolda.

Bo desplazamento da afición ourensana en xeral e pola nosa parte tamen a pesar de faltar xente polas festas do boi alaricanas. Saímos á unha e media do Couto 3 autobuses ocupando nós a metade dun deles, a viaxe estivo bastante animada con parada para repoñer en Benavente e á chegada a Oviedo divisamos un grupo de ultras do Oviedo que non estaban precisamente alí para ó partido polo que ó baixar do autobús algúns foron ata alí e na súa fuxida a algún rezagado de SM caeulle algunha, pero pronto apareceu a policía e xa entramos todos ó Estadio, despois tras o partido (durante o partido algúns andaban por fóra controlando a situación) cando íamos todos camiño ós autobuses escoltados pola police desviamonos por unha rúa onde estaban os de antes do partido e algún mais que comezaron a tirar botellas e vendo o número de cada bando decidimos recuar e ahi apareceu a policía que comezou a cargar contra nós e os ourensáns en xeral de forma desmesurada ata que nos meteron no bus mentres os SM andaban polas ruas cercanas, cando xa estabamos dentro do bus eles voltaron a aparecer por detras de forma ameazante pero xa non houbo forma de volver a baixar xa que a policía escoltounos ata a saída da cidade ovetense.

No que ó partido se refire que ó fin e ó cabo é o importante nós adiantamonos de penalty transformado por Berto (na celebración deste gol un aficionado saltou ó campo e foi retirado fóra do recinto deportivo pero á media hora volveu entrar e non foi identificado nin multado), despois eles empataron tamén de penalty e nós erramos un que puido sentenciar o partido e tocou sufrir os ultimos minutos, pero co pitido final locura nas gradas, bágoas e abrazos con xogadores e demais membros do clube que se viñeron con nós á grada a celebrar o pase, e agora a agardar o último rival para voltar á maldita 2ªB.

Por último agradecer a presencia de xente de Celtarras (secc. Kalaikoi) dos que algun voltou algo mareado no bus e de xente de Fende Testas, que se marcaron moitos km. para pasar esta historica tarde con nós.





Viaxe a Oviedo.

A viaxe a Oviedo ten a saída para as 13:30 do mediodia do sábado e volta despois do partido. Desplazaremonos 3 autocares de ourensáns. Pola nosa parte agardase unha vintena de desprazados.

Ourense 2-1 Universidad Oviedo

Partido que comezou con gol moi tempraneiro dos nosos que facia tolear á xente que perplexa inda estaba acomodandose nas bancadas, pouco despois un penalty en contra poñia o empate no marcador para pouco antes do descanso volver a coller vantaxe no marcador. Na segunda metade o marcador non se moveu a pesar de que houbo boas ocasions. O arbitro tivo unha actuacion que deixou bastante que desexar e que provocou en mais dunha ocasion a desesperacion e as protestas da aficion local.

Na bancada gran ambiente mellorando o da anterior rolda na casa e dende moi pronto estivemos no bar de fora do Estadio agardando a chegada dos xogadores a pesar de que non facia bo tempo. Despois do partido algúns tamen quedamos a agardar ós nosos para felicitalos pola victoria e darlles folgos ata o vindeiro sabado para logo continuar a festa ata altas horas noite.

¡¡ IMOS OU !!





viernes, 5 de junio de 2009

Reunión previa ó Ourense-Universidad de Oviedo

Para comezar decidiuse quedar o domingo ás 5 da tarde no bar do Estadio para agardar ós xogadores, xa que entre as 7 e as 7 e media xa entraremos dentro, de todas formas a iso das 4 xa andaremos algúns por alí.

Poñeremos de novo o posto de material nesa zona polo que todos os que teñades material para vender levádeo, ademáis as bufandas que se agotaran chegou un novo pedido que tamén ten pinta de esgotarse pronto polo alta demanda asi que pasádevos a mercala e non vos quededes sen ela.

Tamén estamos preparando un fanzine que agardamos esté listo para mañá.

Por último falouse do desplazamento a Oviedo xa que desta vez queremos facer ben as cousas e non como a última vez para que non pase o mesmo que para Tudela que ó final como eramos poucos tivemos que quedar en terra, pero de momento inda non se decidiu nada á espera do horario do partido.

Vémonos mañá. Saúdos.

¡¡ ESTE PARTIDO, XOGÁMOLO NÓS !!

martes, 2 de junio de 2009

CD Ourense - Universidade de Oviedo

O partido con motivo das eleccións europeas e do final de liga na primeira división disputarase o sábado ás 20:00 horas, gran horario penso que para todos.

En canto se decida o que se fará nas horas previas do partido, a hora da quedada, o lugar etc. avisaremos.

¡¡ NON HAI EXCUSA, TOD@S Ó FONDO !!
¡¡ O ASCENSO, XOGÁMOLO NÓS !!

lunes, 1 de junio de 2009

Sorteo: CD Ourense - Universidad de Oviedo.

Pois no sorteo penso que nos tocou o mellor que nos podía tocar, evitamos ós líderes e tocounos o rival máis cercano de todos, o Universidad de Oviedo co que hai que facer un desprazamento masivo e invadir a cidade asturiana, desta vez hai que organizar mellor a viaxe que na ocasión anterior, pero iso será a semana próxima, xa que a ida será no Couto este finde.

En canto organicemos algo e saibamos horarios avisaremos.

Saúdos, agora temos que estar todos, cada vez queda menos!!