martes, 30 de junio de 2009

Caravaca 3-1 Ourense. Rematou a ilusión. Seguimos na terceira.

O titular xa o di todo deste triste día para o ourensanismo. Nun partido que foi visto na nosa cidade por moitos aficionados en numerosos bares que retransmitiron o partido e que presenciamos un cento de afortunados en Caravaca, perdimos e quedamos eliminados pero hai que dicir que fumos mellores durante toda a eliminatoria e que eles gañaronnos con tres goles e cun xogo brusco e trabado que por desgracia deulles bo resultado. O noso gol foi un auténtico golazo obra de Antonio.

A viaxe comezou o sábado ás 12 da noite cun autobús no que algúns fumos bastante animados ata altas horas e que pouco durmimos antes de chegar ó noso destino, a onde chegamos pasadas as 11 da mañá, entón a expedición dirixiuse ós bares da rúa principal que estaba preto do estadio e alí estivemos bebendo e comendo ata as 4 da tarde aproximadamente que marchamos a recibir ós xogadores e onde ademais diso fumos recibidos polos ¿ultras? do equipo murciano que nos dedicaron unhas cantas lindeces coa policia de por medio, xa cos xogadores dentro decidimos entrar nós tamén e fumos acomodandonos na grada supletoria que nos correspondia e comezamos a dar xa folgos ós nosos mentres quecian, a pleno sol deu comezo o encontro e nós a pesar da calor animando e silenciando ós mais de dous milleiros de aficionados locais durante a primeira metade, na segunda cambiou a historia e pouco a pouco segundo o partido foise decantando do seu lado e mentres eles íanse animando ían animando mais ós seus mentres a nós nos invadian os nervios e comezabanse a apagar as nosas gorxas q xa so buscaban unha ultima sorpresa que nos dese o ascenso e que non chegou. Ó remate do partido entre a invasión de campo dos caravaqueños algúns ourensáns tamén fumos a animar ós xogadores. Por certo é de destacar a pasividade da policia local ante as invasions de campo dos aficionados locais tendo en conta que moita xente do noso grupo esta a pasalo moi mal pagando multas por ese mesmo motivo, entre outros, pero bueno é o conto de sempre.

Despois do partido estivemos escoltados pola policia aguantando as provocacions dos locais que en vez de ir a celebrar o ascenso quedaron alí con nós a recibir ós noses xogadores ós que lle dimos ánimos e a algúns viaselles moi afectados, incluido o adestrador e tras isto de volta para Ourense coa sensación de que perderamos algo que estaba feito pero de ter feito ben as cousas durante o ano e pola nosa banda outro desplazamento mais, longo pero que mereceu a pena, como sempre. Agardemos que o non ascenso non provoque unha desbandada de xogadores xa que hai algúns que son fundamentais e moi queridos e coa que hai unha gran unión por parte da afición, esperemos que pese mais as cores o escudo e os sentimentos que os cartos ou a categoría. De todas formas dende aqui gustarianos agradecerlle en nome de todo o grupo tanto a xogadores como a outros membros do clube o seu traballo durante o ano e felicitarlles por esta magnifica temporada.

Por último recordar que durante o verán isto non estará parado xa que pola nosa parte temos pensado montar algunha festa ou encontro e ademais haberá reunións para aclarar temas pendentes dos que xa informaremos, e non vos esquezades de que nun mes comeza a pretempada e como non estaremos presentes. Tamén queremos recordar que inda que é moi complicado e somos de terceira hai unha pequena posibilidade de ascenso administrativo que para darse terian que ocurrir tres cousas: 1. Que o Cidade de Santiago desaparecese ou descendese a unha categoria menor que a terceira división. (senón ascenderia o Montañeros) 2. Que no grupo de 2ºB dos galegos non estivesen os canarios (senón ascenderia o Castillo) 3. Nese caso en principio CD Ourense deberia ascender, dependeria da decisión de clube e federación.

Sen máis despedir esta gran tempada e xa a comezar a preparar a que ven e a agardar posibles novas sobre ese hipotético ascenso, do cal iremos informando.

¡¡FORZA OURENSE!! ¡¡ NÓS NON ABANDONAMOS Ó OURENSE EN TERCEIRA !!

CON GAÑAS XA DE QUE COMECE A NOVA TEMPADA !! ALÍ ESTAREMOS OS QUE NUNCA TE DEIXAMOS !!















No hay comentarios:

Publicar un comentario