domingo, 29 de marzo de 2009

Ourense 4-0 Céltiga

Nova victoria e como xa ven sendo habitual no Couto por catro goles. O partido dominamolo totalmente e pouco a pouco chegaron os goles.

Na grada nova pancarta e os de sempre animando.

Xa estamos a 14 ptos. do 5º co cal a fase de ascenso xa está moi preto, agora hai que centrarse en defender esa segunda posición na que nos atopamos e que esta semana recortamoslle 2 ptos. ó Montañeros e xa lles sacamos 5.

A semana que ven toca xogar en Santa Comba, alí estaremos!!

P.D.: Despois do partido xogaba o filial en Oira o derby da cidade e ata alí se achegaron algúns siareir@s a ver o partido.










viernes, 27 de marzo de 2009

Churrascada para recaudar fondos para multad@s

Mañá sabado farase unha churrascada no fondo do Estadio do Couto que comezara das 12 en adiante e que rematara cando pida o corpo marchar de festa a outro lado.

Haberá comida e bebida a fartar. O prezo son 5€.

Saúdos e vémonos alí.

E o domingo ás 17:oo partido contra o Céltiga, non podemos fallar e hai que estar hai animando xa que neste final de liga hai que facerse fortes na casa e apoiar ó equipo lonxe das Burgas.

miércoles, 25 de marzo de 2009

Ourense 3-1 Verin (1/16 da Copa Galiza)

Partido bastante aburrido con victoria final e o Montañeros que nos agarda nos oitavos nun partido que será no Couto de novo.

Os membros de Algarada, que hoxe fomos pouco mais dunha decea entramos ó campo na metade da primeira metade e non animamos en todo o partido como protesta (non só por nós senón por toda a xente que cando chegou á entrada do estadio marchou) pola entrada que habia que pagar, comprendemos que non é un prezo fóra do normal pero moitos desprazamonos practicamente e todolos campos e este era un partido dos que menos interesaba á afición e que tiña moi pouco atractivo. Por outro lado comprobamos que O Couto se non animamos os de sempre convirtese nun cemiterio.

Aqui quedan unhas fotos deste desafortunado partido do que o mellor foi o resultado, agardo que se deran conta de que así non vai ninguén ó campo e isto non se repita contra o Montañeros; por outro lado recalcar que con esto non queremos criticar á directiva porque teñen colaborado moito con nós, pero estes detalles non gustan.

Sen máis, vémonos no próximo!!







Nas fotos non se ve case nada, pero as condicións para sacalas eran bastante malas.
P.D.: Co material case rematado xa se está planificando sacar unhas bufandas. E tamén estase planificando unha churrascada, da que en canto teñamos os plans informaremos.

domingo, 22 de marzo de 2009

Somozas 1-3 Ourense

Gran victoria que nos deixa cada vez mais preto da fase de ascenso cando xa estamos chegando ó final de tempada.

Houbo unha moi escasa presencia de siareir@s ourensáns que pouco puideron facer por animar.

Este mércores ás 20:30 hai partido da Copa Galiza contra o Verin na primeira rolda.

jueves, 19 de marzo de 2009

Jaen 1-0 Ourense

Coa cabeza ben alta, así caimos eliminados desta edicion da copa, nova derrota desta volta en Jaen pero con 10 xogadores mais da metade do partido e facendo un gran xogo polo cal saimos ovacionados do Estadio de La Victoria.

O balance desta copa é moi bo eliminando a equipos como o Burgos ou o Lugo, nunha copa que tivo equipos de alto nivel.

Agora quedanos outra copa, a Copa Galiza que como non encargaronse os da federación de quitarlle todo o seu atractivo e o único interesante son os cartos que che poidan dar por ir superando roldas.

De todas formas debemos centrarnos na liga que é o importante e intertar rematar na segunda posición e na copa que pase o que teña que pasar.

miércoles, 18 de marzo de 2009

Jaen - Ourense

Partido de volta das semifinais da copa, a que xogaremos hoxe en Jaen e na que nos xogamos a clasificación para a final que poderia ser a segunda consecutiva.



O equipo saiu onte da nosa cidade e xa se atopa na cidade jienense, o presidente ofreceulles ós xogadores unha prima se consiguen chegar á final.



Tendo en conta a importancia do partido a moitos gustarianos ter viaxado ata Andalucia pero a distancia impideo polo cal deixo aqui unha radio pola que se di que se retransmitira o partido, momentos antes do partido se esta non o retransmite e atopamos outra poñeremola o mais pronto posible:



http://www.orgullolagarto.net/radio.html

domingo, 15 de marzo de 2009

Ourense 4-3 Verin

Partido intenso, propio dun derby que ó final gañamos pola minima a pesares de rematar sufrindo.

Na grada bastante xente con animacion intermitente e que deixou bastante que desexar ata mediados da segunda metade. Non hai fotos do partido.

Agora a pensar no Jaen e na remontada, partido que tocara seguir pola radio vía internet este mercores para ver se conseguisimos meternos na final.

Poñemonos a tres puntos do terceiro, hai que manter este posto nestas dez xornadas que restan.

miércoles, 11 de marzo de 2009

Rolda de prensa de Indar Gorri



Indar Gorri negou as consignas en favor de ETA mediante unha rolda de prensa no Sadarcillo.
"Desmentimos las acusaciones que pesan sobre nosotros, ya que no mencionamos en ningún momento ETA y negamos haber sido los causantes de los supuestos destrozos en los diversos vehículos a la salida de nuestros autobuses", leyeron ayer los Indar Gorri, quienes aseguraron que a la capital cántabra se desplazaron dos autobuses, cuyos 110 integrantes fueron identificados, aunque sólo los componentes de uno de ellos fueron sancionados, si bien, según afirmaron "ninguno de los asistentes es conocedor de propuesta sancionadora alguna", ya que se han enterado por "la prensa".
Insistiron en que o "ataque" sufrido é "hacia Osasuna" e entenden que está relacionado cunha desestabilización dende varios frentes para dificultar a permanencia, da que citaron como exemplo "multas, acoso policial, robos arbitrales, desplantes a nuestra institución, acoso mediático desde medios de comunicación deportivos..." Despois de leer o comunicado, Alain, un dos portavoces de Indar Gorri, insistiu en que non houbo consignas a favor de ETA: "Desmentimos totalmente estas acusaciones. Eso es mentira. Es totalmente incierto que cantáramos Gora ETA". "Cantamos Presoak Etxera, Independentzia y demás".
Indar Gorri, non estivo acompañado por ningún compoñente da plantilla tal e como solicitaran, pero agradeceu o apoio dos xugadores e do clube. "Los jugadores, como el club, aunque no públicamente, están con nosotros. Tenemos que agradecerles su apoyo". O grupo ofreceu a sua rolda de prensa o aire libre, xunto a unha mesa na que exerceron como portavoces Alain e Iñaki, o non poder facelo na sede da Federación de Peñas, por división de opinions entre os seus membros. "Es un acto muy feo. Ellos también han sufrido denuncias como todos", dixeron os Indar Gorri sobre a decisión da Federación de Peñas.

Solidariedade con Indar Gorri



55 membros de Indar Gorri "castigados" cunha multa de 9.000 euros e ca prohibición de dous anos sen entrar nun recinto deportivo.
A Comisión Nacional contra a Violencia propuxo que cada un dos 55 membros de Indar Gorri desplazados o Domingo a Santander sexa castigado cunha multa de 9.000 euros e a prohibición de dous anos sen entrar nun recinto deportivo. Antiviolencia explica nunha nota que o acceder ao estadio estos "integrantes del grupo Indar Gorri insultaron gravemente a los aficionados locales y corearon consignas de apoyo a ETA". O finalizar o encontro "los funcionarios policiales observaron cómo se lanzaron diversos objetos contundentes a la vía pública y se provocaron desperfectos en diversos vehículos", añade a nota do Ministerio do Interior.
Según a versión de moitos foros de santanderinos, Indar Gorri coreou "que puta es españa", emulando o "que viva españa" de Manolo Escobar, tras o cántico da afición santanderina de "puto vasco el que no bote es, es". As propostas de sanción, que xuntas superan os 500.000 euros, chegaron a Delegación do Goberno en Navarra. Tense constancia dende o clube que a maioría de aficionados que son multados polas propostas de Antiviolencia terminan pagando as cantidades económicas. Ademais, no caso de sentencia firme, retíraselle o carné de socio do Osasuna, tal e como propón o organismo do Ministerio do Interior.
Os membros de Indar Gorri, que din sentirse indefensos e perseguidos, persoáronse no adestramento do equipo para pedir apoio aos xogadores e reclamar a sua presencia na rolda de prensa que teñen previsto ofrecer. Os xogadores de Osasuna escoitaronos e algúns estanse plantexando acudir a esa cita. Ademais, colocaron unha faixa no fondo do campo na que se podía leer "Indar Gorri siempre ha estado ahí. Ahora necesitamos vuestro apoyo". O grupo, ubicado en Graderío Sur, xa protestou contra a represión da que son obxeto no encontro contra o Atlético de Madrid, permanecendo todo o encontro en silencio e animando cando o árbitro pitou o final.

lunes, 9 de marzo de 2009

Ourense 0-0 Compostela

Gran xornada a vivida este domingo entre os siareir@s do Ourense e os do Compos, a xornada comezou moi cedo ás 11 da mañá cun partido a futbol sala entre os da cidade das Burgas e os da capital galega que rematou coa victoria dos ultimos por 3-6 con bastante dominio no xogo.

Despois disputaronse os All Stars da Liga Nacional de Billarda mentres os siareir@s xa comezabamos a comer e beber na barra montada para a ocasión na Praza da Chave.

A iso das dúas comezou o concerto de Skárnio durante o cal os alí presentes reivindicaron con cánticos a oficialidade da nosa selección, a liberdade dos compañeiros presos Santi e Xosé e xa segundo pasaba o tempo cada grupo comezou xa cos canticos de cadanseu equipo; tras unhas dúas horas de concerto e xa co concerto rematado os seguidores desplazaronse cara ao estadio e colocaronse na bancada (ambolos dous na de fondo, cada un nunha esquina).

Ás cinco deu comezo o mellor partido da tempada no tocante ó ambientazo vivido entre as dúas aficións que animaron sen descanso durante todo o encontro, por que sobre o terreo de xogo a cousa foi ben distinta e o Compos fixo o que tiña que facer para acabar desquiciando ao Ourense que vimos como o noso obxetivo quedase en asegurar a segunda posición.

Por último xa só nos queda saudar ós compañeiros de Fende*Testas e agardar que esto se poida volver repetir o ano que ven na 2ºB.













jueves, 5 de marzo de 2009

Ourense 1-2 Jaen

Derrota dentro do que cabe agardada pero o Jaen non fixo nada do outro mundo para levar a eliminatoria tan encarrilada para a volta. Veremos o que se pode facer na volta para alcanzar a final.

O equipo perdeu pero nós na grada tampouco estivemos ó nivel que o partido esixia a pesares de ser bastante xente. O ambiente estivo frio como a noite, o cal pode ter explicación en que a xente xa ten o partidazo do Compos e as actividades deste domingo en mente.




miércoles, 4 de marzo de 2009

ACTIVIDADES NO OURENSE-COMPOS

Actividades em Ourense para o 7-8 de Março

As comarcas de Siareir@s Galeg@s de Ourense e Compostela, prepararom umhas jornadas para o sábado 7 e domingo 8 de março.

Siareir@s Galeg@s como tod@s sabedes segue a defender tanto ás diferentes selecçons nacionais galegas, coma o nosso direito como povo a disputar competiçons desportivas oficiais de carácter internacional, mas o colectivo tambem actua como umha força que junta os esforços de todos e todas as galegas, esquecendo-se de localismos e liortas internas que nom nos levam cara nem um dos nossos objetivos como naçom.
Ata o momento SSGG é un dos colectivos máis activos e unificadores na Galiza, contando com o respaldo da sociedade galega em geral e da mocidade máis combativa em particular.

Por esso cremos que umha das melhores formas de actuar é fomentar este tipo de jornadas que junte aos galegos por cima de localismos e rivalidades futeboleiras ou absurdos confrontos entre cidades.

Um jantar popular, um jogo entre siareir@s do compos e ourense, um concerto de SKÁRNIO, som algunhas das actividades que podedes desfrutar esse día.

Ademais desta volta contamos com a participaçom de O Varal (http://ovaral.blogspot.com/)que vai levar a Liga Nacional de Bilharda até terras ourensanas, coo o ALL STARTS OURENSE 2009, onde se disputara um aberto no que cada palanador e palanadora puntuará para o Leste e Oeste e no que nom faltarán o explosivo concurso de Varados nem o concurso de Mates.

As actividades do domingo decorreram na Praça da Chave ao lado do Estadio do Couto.

PROGRAMA

SABADO 7 MARÇO

-13h recebimento e jantar popular no campo da feira

-A partires das 20h ruta de vinhos e petiscos polos bares colaboradores, com saída no Bar Escalon (rúa Murilho, O Couto)

DOMINGO 8 MARÇO

-11h a 12h JOGO siareir@s compos vs siareir@s ourense

-12h a 14h CAMPIONATO BILHARDA, Aberto do All Stars 2009 (LNB)

-14h a 16h CONCERTO SKARNIO

-17h jogo Ourense-Compostela

-Desde a manhá haverá um mercado solidário com Santi e José

domingo, 1 de marzo de 2009

Cerceda 3 - Ourense 2

Desastre nun partido no que a reacción do Ourense chegou demasiado tarde. Berto parou un penalti e tamén recibiu dous goles cando o Cerceda tiña 10 xogadores. Agora toca mirar ó partidazo que nos queda o domingo que ven contra o Compostela.

Desprazamonos uns 15 siareir@s do Ourense, algúns en furgalla a última hora e outros dende a primeira hora da maña. Magoa da derrrota.

Cerceda 3-2 Ourense

Non puido ser. Tras unha horrible primeira parte as cousas melloraron algo na segunda pero non o suficiente e ó final derrota en Cerceda que puido ser máis abultada xa que Berto parou un penalty na primeira parte, inda que tamen é certo que ó final do partido puidemos empatar.

Con esta derrota quedamos segundos empatados a puntos co Montañeros que esta terceiro e a nove puntos do quinto.

Agora tocan 3 partidos no Couto en 10 dias, Compos e Verin na liga nos que non se pode fallar e este mercores o Jaén na ida das semifinais da copa ás 20:30.

Na grada estivemos uns 15 siareir@s animando durante todo o partido, sobre todo cando peor estaban as cousas.