lunes, 9 de marzo de 2009

Ourense 0-0 Compostela

Gran xornada a vivida este domingo entre os siareir@s do Ourense e os do Compos, a xornada comezou moi cedo ás 11 da mañá cun partido a futbol sala entre os da cidade das Burgas e os da capital galega que rematou coa victoria dos ultimos por 3-6 con bastante dominio no xogo.

Despois disputaronse os All Stars da Liga Nacional de Billarda mentres os siareir@s xa comezabamos a comer e beber na barra montada para a ocasión na Praza da Chave.

A iso das dúas comezou o concerto de Skárnio durante o cal os alí presentes reivindicaron con cánticos a oficialidade da nosa selección, a liberdade dos compañeiros presos Santi e Xosé e xa segundo pasaba o tempo cada grupo comezou xa cos canticos de cadanseu equipo; tras unhas dúas horas de concerto e xa co concerto rematado os seguidores desplazaronse cara ao estadio e colocaronse na bancada (ambolos dous na de fondo, cada un nunha esquina).

Ás cinco deu comezo o mellor partido da tempada no tocante ó ambientazo vivido entre as dúas aficións que animaron sen descanso durante todo o encontro, por que sobre o terreo de xogo a cousa foi ben distinta e o Compos fixo o que tiña que facer para acabar desquiciando ao Ourense que vimos como o noso obxetivo quedase en asegurar a segunda posición.

Por último xa só nos queda saudar ós compañeiros de Fende*Testas e agardar que esto se poida volver repetir o ano que ven na 2ºB.













No hay comentarios:

Publicar un comentario