jueves, 19 de marzo de 2009

Jaen 1-0 Ourense

Coa cabeza ben alta, así caimos eliminados desta edicion da copa, nova derrota desta volta en Jaen pero con 10 xogadores mais da metade do partido e facendo un gran xogo polo cal saimos ovacionados do Estadio de La Victoria.

O balance desta copa é moi bo eliminando a equipos como o Burgos ou o Lugo, nunha copa que tivo equipos de alto nivel.

Agora quedanos outra copa, a Copa Galiza que como non encargaronse os da federación de quitarlle todo o seu atractivo e o único interesante son os cartos que che poidan dar por ir superando roldas.

De todas formas debemos centrarnos na liga que é o importante e intertar rematar na segunda posición e na copa que pase o que teña que pasar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario