domingo, 31 de mayo de 2009

Tudela 2-1 Ourense. (Global: 2-5). Á segunda rolda.

Partido no que non saltou a sorpresa e o Ourense aguantou e renda que levaba do partido de ida. Agora haberá que agardar a mañá para saber o rival da segunda rolda.

Na grada houbo medio centenar de ourensáns desplazados nun autobús. Pola nosa parte non houbo representación a pesar da vontade de algúns de viaxar pero as circunstancias non acompañaron.

Saúdos.

Cancelado o noso bus a Tudela

Onte a última hora e tras a falta de interés e o reducido número de xente que íamos ir no autobús decidimos comunicarlle ó clube que non iríamos e que era mellor deixalo para a seguinte rolda dadas as circunstancias, así que hoxe toca sufrir dende a distancia e agardar que non haxa sorpresas.

Saúdos.

viernes, 29 de mayo de 2009

Reunión

Hoxe ás 9 da noite tivemos reunión de novo e quedouse en que o noso autobús para Tudela marchará á unha da madrugada ademáis dos que sairán ás 11, do Estadio do Couto, se hai algún cambio comunicaremolo por aquí.

Saúdos. TOD@S A TUDELA!!

martes, 26 de mayo de 2009

Ourense 4-0 Tudelano. Ida da primeira rolda do play-off.

Partido que durante a primeira metade moitos vimos perigar pero que tras a parada de Berto dun penalty na primeira metade parece que foi o rebulsivo xa que os nosos comezaron a botarse cara arriba e así chegou o primeiro gol. Xa na segunda metade volvimos a saír moi enchufados e pouco a pouco foron chegando os nosos goles e cada vez os do Tudelano víñanse máis atrás ata o 4-0 final que desatou o delirio nas bancadas con semellante comezo de play-off xa que foi o mellor resultado das eliminatorias de todo o Estado.

O ambiente foi o dunha gran cita, e algúns xa merodeabamos polo Estadio ó mediodia e entre as 3 e as 4 foron chegando o resto dos membros do grupo comezando a escoitarse xa os primeiros cánticos na cantina das aforas do campo, tamén houbo tempo para darlle ánimos ós nosos segundo entraban a vestiarios, ás 5 e algo cando xa estabamos todos recollimos o posto do material e fumonos para adentro.Desplegamos dúas faixas á saída dos xogadores cos lemas: "A cor do meu sangue", "A forza do meu corazón".
A animación foi en todo momento ensordecedora con máis dun cento de persoas na nosa esquina do fondo animando sen parar, algo que agradeceron os xogadores no primeiro gol, e ó remate do encontro tanto dende o céspede como á saída de vestiarios onde os agardamos para darlles as gracias polo esforzo e o gran partido realizado.

A semana que ven tócanos desplazarnos a Tudela a darlles ánimos ós nosos para que non se relaxen e que sigan echufados para a segunda rolda, o clube poñerá a disposición dos aficionados os autobuses necesarios, en canto saibamos se imos nun bus só para nós ou con máis ourensanistas e coñezamos os horarios e o plan da viaxe poñeremolos aqui. Animádevos a ir que agora é cando temos que disfrutar disto.
Os precios para o Tudela-Ourense no Estadio de Elola para nós serán 20€ e 15€ dependendo da grada e Gratis para os menores.

Aquí tedes unhas fotos e un vídeo do encontro:





lunes, 25 de mayo de 2009

Sección de material

Polo momento decidimos non facer envíos de material, se nalgún momento nos animamos xa o comunicaremos, polo que a única forma de conseguir o material é nos partidos no posto que montamos na nosa zona da grada, para calquera dubida ou suxerencia: algaradavermelha@gmail.com.


CAMISETA DE NON Á REPRESIÓN NOS CAMPOS DE FÚTBOL (BENEFICIOS PARA O FONDO DE MULTADOS): 8 Euros.



CAMISETA DE SIAREIR@S CD OURENSE: 8 Euros. (Tamén dispoñibles en vermello)



SUDADEIRA DE SIAREIR@S OURENSE: 22 Euros.


BUFANDA SEMPRE OURENSE: 10 Euros.


CHISQUEIROS BRANCOS DE SIAREIR@S OURENSE: 1 euro.
PEGATINAS DE NON Á REPRESIÓN NOS CAMPOS DE FÚTBOL.

viernes, 22 de mayo de 2009

Comunicado de Fende Testas



Comunicado de Fende Testas, Changos e siareir@s do Compostela ante a negativa do clube a rebaixar o prezo das entradas.

Reunidos siareiros do Compos e membros de Fendetestas e Changos, manifestamos publicamente a nosa decisión de non acceder ao estadio este domingo 24 a presenciar o partido SD Compostela- Atlético Monzón, como sinal de protesta ante as últimas actuacións de Jose María Caneda.
No seu lugar, animaremos ao noso equipo dende as portas do estadio, onde nos concentraremos dende ás 15:30 horas ata que finalice o encontro, organizando unha festa alternativa.
Queremos aclarar que as causas que nos levan a tomar esta decisión non son económicas, xa que a maioría de nós adoitamos gastar mais de 20 € cada partido que o Compos xoga fora da casa, trátase só dunha cuestión de dignidade e dunha reacción orixinal e positiva ante o desprezo continuado do clube para cos siareiros do Compos.
Ao longo desta tempada, a directiva do Compos contou con nós para aquilo que precisou, asumimos de forma voluntaria o pago dun día do clube como forma de axudar ao noso equipo e solventar o pago das nóminas dos xogadores, esforzámonos en traer novos siareiros ao campo, reunímonos coa directiva cando se nos chamou, e colaboramos na difusión da festa que o clube prepara para o sábado 30, todo de forma desinteresada e sen pedir nin recibir nada a cambio.
Pese a isto, e unha vez mais, José María Caneda incumpre as súas promesas e decide de forma unilateral e faltando á súa propia palabra, fixar un prezo desorbitado para o primeiro partido da promoción de ascenso, obrigando ademais aos socios a asumir tamén ese custo sen desconto algún, equiparándonos a aqueles que nunca pisaron San Lázaro, nin deixaron un euro no clube, nin seguiron ao equipo durante toda a tempada polos campos da terceira.
Debemos sinalar o noso serio esforzo nestes días por facerlle cambiar de opinión ao presidente, xa que ninguén mais que nós quería ver ao Compos arroupado de forma maioritaria no estadio, plantexamos multitude de alternativas que evitaran esta situación, mais ningunha foi atendida.
Lamentamos que o clube non se de conta de que con estas medidas non só perde a oportunidade de sumar xente e atraer de novo á masa social que no seu día tivo o Compos, senón que acaba coa boa afección actual do Compos, que é o único que mantivo e mantén vivo ao equipo.
Queremos iso sí, mandar un forte alento aos nosos xogadores, aos que xa lles comunicamos a nosa decisión, e aos que animaremos mais que nunca o domingo dende as portas do multiusos, e unha semana despois no estadio do Monzón. Confiamos en que consigan para o noso Compos o tan esperado ascenso.
Finalmente, queremos convidar a todos os siareiros que queiran alentar con nós na xornada do domingo a que se sumen á nosa iniciativa, e pasen con nós unha tarde festiva e compostelanista.

E é que o domingo, a festa estará fora!

FORZA COMPOS!

Compostela, 21 de maio de 2009.

Fende Testas, Changos, e siareir@s do Compostela.

Reunión

A reunión de onte entre Algarada e Old Firm deu para bastante e decidironse moitas cousas: para comezar o ano que ven os dous grupos uniremosnos por varios motivos que pensamos que serán beneficiosos como que no fondo só haxa unha pancarta, para sacar material de forma máis comoda, etc.; polo momento o nome que máis forza colle é o de Curva Vermella pero iso decidirase rematada a tempada.

Tamén se buscou en qué gastar os cartos recadados de material (non contando o dos multados evidentemente) e irá para a pancarta nova do ano que ven, para máis material e para unha posible festa de fin de tempada que agardemos que teña que facerse en Xullo.

Ademáis non faltou Miguelón na reunión e pensamos en facerlle unha homenaxe como ben merece pero quedara para a tempada que ven por falta de tempo, ademáis imos falar co clube para que a grada de fondo pase a chamarse Fondo Miguelón a ver que lles parece a proposta.

Por último e xa centrándonos no play-off parece que é moi probable que haxa autobús a Tudela posto polo clube e a xente está con ganas de ir co cal parece que comeza a perfilarse o desplazamento. E falando do partido deste fin de semana falouse de sacar algo de material de grada para a saída dos xogadores e unha vez xa decidido o que imos facer quedouse o sábado ás 5 da tarde no Bar exterior do Estadio para facelo. Xa o domingo hai quedada ás 3 e media no Bar citado anteriormente para quentar motores e recibir ós xogadores á chegada ó Estadio inda que seguro que algún xa anda por alí antes desa hora, tamén colocaremos o posto de material preto das taquillas para darlle saída ó material xa que todo o mundo ten que pasar por taquilla. Ademáis das camisetas, sudadeiras e chisqueiros chegaron unhas bufandas que melloran con creces as míticas de C.D. Ourense que ten todo o mundo e que poñen: Sempre Ourense cun balón cun laurel ó redor no medio o escudo ós dous lados e os lemas: 'O noso día chegará' na parte superior e 'Dende 1952' na inferior. Animádevos a pasar por alí e miralo de todas formas xa daremos a tabarra ó que vaian mercar as entradas. Como xa dixen nunha noticia anterior de todo este material colgaremos fotos na páxina e prezos para que a xente poida velo e sopesaremos a opción de facer envíos de material vendo que hai demanda.

Como vedes unha reunión que deu de sí.

Sen máis vémonos o domingo.

¡¡O NOSO DÍA CHEGARA!!

Solidaridade con Celtarras e cos traballadores do Metal vigueses.

Ante o recruecemento do conflicto do Metal trala indiscriminada e desproporcionada represión levada a cabo pola policía española, queremos mandar dende aquí o noso apoio ós traballadores deste sector e ós Celtarras que tamén pertencen a él. CONTRA A CRISE DOS RICOS, SOLIDARIEDADE OBREIRA.

Solidaridade con Bukaneros. Manifestación contra o desaloxo do CSO 1924.

Desalojan el Centro Social Okupado 1924, autogestionado por la hincha antifascista del Rayo Vallecano, Bukaneros. Un CSO que ya fue desalojado a finales de 2007 y que Bukaneros volvió a hacer realidad en otro lugar de Vallecas, esta vez, en un edificio de tres plantas abandonado, primando la actitud del grupo y el compromiso político de aquellos que lo forman. Haciendo un llamamiento al movimiento anticapitalista madrileño a sentir el espacio como suyo.

¡¡¡UN DESALOJO, OTRA OKUPACIÓN!!!





Manipulación do himno español en TVE na final da copa.

Atención a como TVE corta la señal con Mestalla cuando iba a sonar el himno del Reino de España, y como después lo repone falsamente sin el sonido ambiente.¿Dónde está la libertad de expresión?

Como era de suponer, parte de las aficiones del Barcelona y del Atlhletic Club silbaron al himno de España mientras sonaba en el campo de Mestalla. Miles de aficionados quisieron 'tapar' con silbidos y ruido el sonido del himno cuando los jugadores estaban sobre el terreno de juego justo antes de comenzar el partido.Lo que se preveía desde hace semanas, finalmente se cumplió. Aficionados bilbaínos y catalanes mostraron su disconformidad con el himno de España en forma de silbidos, pero esto es algo que sólo se pudo apreciar en el campo de Mestalla.TVE no ofreció el himno en directo y luego emitió una versión censurada, eliminando los pitosAquellos que disfrutaban de la final de la Copa del Rey por televisión, no pudieron apreciarlo ya que Televisión Española decidió sustituir el momento del himno por dos conexiones. Una en Bilbao para ver el ambiente de la ciudad antes del partido, y otra en Barcelona, para ver cómo vivían el choque los seguidores azulgranas.En el descanso del encuentro y para rematar la faena, el locutor de TVE, Juan Carlos Rivero, se excusó por no haber podido ofrecer el himno en directo "por un error humano" y lo emitió censurado, eliminando los silbidos al himno, enfocando a los jugadores y mostrando un par de imágenes de los pocos hinchas que se comportaron con respeto.Antes de que acabara el encuentro, RTVE envió un comunicado a los medios para disculparse: "Por un error humano el himno nacional no se ofreció en directo antes del comienzo del partido de Mestalla entre el Barcelona y el Athletic. Dicho fallo se intento subsanar emitiéndolo íntegramente en el descanso. La dirección de TVE pide disculpas por este hecho". El ente insistía en el error de que había emitido el himno íntegramente, cuando esas imágenes habían sido claramente retocadas.

Que vivimos bajo un estamento medieval en el año 2009, con un bastardo elegido por el dictador fascista Francisco Franco, que chupa y chupa de nuestros impuestos es una cosa que a pocos escapa y a todos nos produce rabia e impotencia. Pero que en el día a día de nuestras vidas, con todos los problemas que nos atañen, vamos y vamos dejando pasar con recelo. Lo de ayer de TVE despertó de nuevo la rabia al ver como se silencio a 40.000 personas, censurando el sonido ambiente y emitiendo una imagen de un tipo del Athletic de Bilbao asintiendo el himno como suyo, un primer plano seguramente pactado de antemano con un actor o madero vestido de athleticzale. Pero no sólo asistimos al lamentable espectáculo de TVE. En la TV3 catalana, ante el chaparrón que le estaba cayendo a Juan Carlos I, el periodista en un intento de manipulación dijo: "Mira que ambient hi ha, que jo ni habia senti l'himne" (Mira que ambiente hay, que yo ni había oído el himno). ¿Dónde queda la ética periodística? ¿Y la libertad de expresión?





Solidaridade con Resaca Castellana

Diario de Burgos, 23/04/09.

Requisan material injurioso contra la Corona y la Policía a radicales camino de Villalar
El Cuerpo Nacional de Policía intercepta a un turismo el martes y a un microbús ayer por la tarde para registrar a todos sus ocupantes
Con un despliegue similar al que acostumbran las operaciones contra el terrorismo, aunque solo sea callejero, el Cuerpo Nacional de Policía realizó ayer por la tarde y el martes sendas intervenciones relacionadas con la banda de extrema izquierda Resaca Castellana, de camino hacia Villalar para «preparar» su particular ‘día nacional’ de la comunidad. En la primera de ellas, se incautaron de material con contenidos injuriosos contra la Corona y otras instituciones, fundamentalmente la Policía.
Además de las pegatinas, carteles y pancartas; en uno de los vehículos, propiedad de un supuesto integrante de ese grupúsculo, hallaron 3 cables eléctricos de gran grosor, «susceptibles de ser utilizados como objetos contundentes a modo de porras», 3 mangos de hacha, otros 4 de pico y un palo largo. Según el conductor, eran para montar la carpa en el recinto donde se celebra hoy Villalar y en la que ayer por la noche hubo un concierto con los grupos Escuela de Odio, A Quemarropa, Alimaña HC, Duff Hooligans, Urban Kids, Estacada y Crackens, según el cartel anunciador.
Mucho más espectacular resultó la intervención de ayer, pasadas las 17 horas, en plena avenida de la Paz. 2 motos y una furgoneta de la nueva Unidad de Prevención y Reacción (UPR) de Comisaría; además de un coche patrulla, dieron el alto a un microbús cerca de la rotonda del Rotary. Atónitos, decenas de viandantes contemplaron como policías con pasamontañas hacían bajarse a los pasajeros para un registro exhaustivo. Después, siguieron viaje.
En Villalar 2006, se relacionó a simpatizantes de este colectivo con el lanzamiento de piedras contra la comitiva de autoridades, una de las cuales hirió a la responsable de Protección Civil. Sin embargo, las diligencias fueron archivadas por no poder identificar al autor. 2 años antes, protagonizaron otros incidentes violentos, por lo que sí hubo varios condenados.

Material

En canto poidamos faremos unha sección de material onde vos poderedes informar e haberá fotos, polo momento só vendemos no Couto pero tentaremos facer envíos ante os pedidos que estamos recibindo. Agora andamos algo liados entre o play-off, etc. pero faremolo coa maior brevedade posible.

Saúdos.

jueves, 21 de mayo de 2009

Represion en Lugo

Dende este blog queremos solidarizarnos e mandarlle o noso apoio ós catro compañeiros de Brigadas Lucenses que foron detidos e reprimidos pola policía española durante a celebración do encontro CD Lugo-SD Ponferradina.
No blog do propio grupo podemos ler o seguinte texto na súa particular crónica da xornada: Entramos ó campo e os de azul empezaron o seu, múltiples identificacións, rexistros e insultos, cebaronse especialmente cunha rapaza, e cun rapaz novo do grupo coma sempre tómana contra o aparentemente máis débil, con ameazas, burlas, provocacións chegáronse a escoitar frases coma “rojo de mierda” ou “galleguistas de mierda” así é o verdadeiro Estado de dereito que nos pretenden vender na que ós paus sempre caen para ós mesmos.Boa animación na primeira metade a pesares de que o marcador sempre foi en contra nosa (1-4 ó finalizar a primeira metade).Na segunda metade producíase a detención de catro membros do grupo tres delas foron levados ata dependencias policiais. Como consecuencia disto retirouse a pancarta inmediatamente e cesou a animación algúns membros do grupo tamén abandoaron a grada. Dende Brigadas dar todo o noso apoio os detidos ós que se lles imputan multas de 3000 euros.

miércoles, 20 de mayo de 2009

Reunión pre-play-off.

O xoves 21 ás 9 da noite teremos unha reunión no Bar Feijoo para decidir e debatir aspectos da fase de ascenso como os desprazamentos, actividades en torno ó partido, preparar algo para a grada, etc.

Cantos máis acudamos mellor porque máis opinións poderán ser contrastadas. Saúdos e alí nos veremos.

¡¡AGORA MÁIS QUE NUNCA, TODOS A UNHA!!

lunes, 18 de mayo de 2009

Sorteo do play-off.

Hoxe celebrouse o sorteo para o play-off onde saímos emparellados co Tudelano de Tuleda en Navarra, xogándose a ida no Couto esta semana e a volta en Tudela a semana que ven.

Esta semana agárdase moi bo ambiente xa que isto levamos moito tempo agardandoo e toca estar á altura, xa se avisara en caso de organizar algo. Sobre o desplazamento a terras tudelanas antóxase complicado xa que son 7-8 horas en autocarro sen paradas a ida e outro tanto a volta, de todolos xeitos analizaránse posibilidades durante esta semana e a que ven e intentaremos estar presentes.

¡¡CHEGOU A HORA DE ANIMAR, O RETORNO ESTÁ MÁIS PRETO!!

Ourense 3-0 Alondras. Rematou a liga.

Último partido de liga na casa e última goleada, desta volta por 3-0 ante un Alondras que como os nosos nada se xogaban.

O sábado a festa comezou cedo e ás 2 do mediodia xa andabamos todos no Bar Feijoo tomandolle as primeiras do día, a iso das 2 e media cando xa estabamos todos comezamos a comer cando xa se escoitaban os primeiros cánticos. Ás 3 e media xa estabamos cos licores e coas gorxas ben entonadas e neste bar estivemos ata as 5 da tarde que marchamos cara ó estadio. Durante o partido moi bo ambiente e boa animación con moita xente na grada agardando xa que comece a ansiada fase de ascenso.
































martes, 12 de mayo de 2009

Comida Fin de Tempada

Este sábado con motivo do final da liga e aproveitando que xogamos ás 17:30 contra o Alondras (un partido para disfrutar e quentar motores para a fase xa que non nos xogamos nada) faremos unha comida no Bar Feijoo do Couto ás 14:00, esta consistira en callos, empanadas e barril de cervexa. O prezo serán 12 €. Os interesados que avisen canto antes mellor. Animádevos que ten boa pinta e hai que ir creando ambiente de play-off na cidade, temos que estar todos!!

Deica o sábado, alí nos veremos!!

domingo, 10 de mayo de 2009

Novo material

Hai novo material a parte do que xa anunciamos fai uns días. Son unhas camisolas brancas co lema: "Non á represión nos campos de fútbol" cun debuxo moi axeitado. Os beneficios irán destinados ós fondos para multados que boa falta fan. Interesados coma sempre que se pasen polo noso sector no fondo nos partidos como locais e que pregunten por alí.

Montañeros 3-0 Ourense

Derrota por 3-0 en Elviña ante o Montañeros nun partido no que o resultado non reflexa o visto no campo pero que ó fin e ó cabo é o que vale e deixanos no terceiro posto co que o partido da semana que ven será xa só para desfrutar e pensar xa na fase e nos posibles rivais e veremos se toca xogar a volta fóra ou na casa. Recordemos que para ascender deberemos superar 3 roldas.

Na grada pola nosa parte dous coches desplazados que animamos a bo nivel vendo o transcurso do partido, destacar a presencia de ourensáns nun campo fantasma e a presencia de Arsenio Iglesias e Donato moi cerquiña de onde nos situamos nós.

A semana que ven probablemente haxa unha comida de fin de tempada antes do encontro. Xa informaremos cando se concrete.


















lunes, 4 de mayo de 2009

Ourense 1-3 Coruxo

Na primeira parte estivo igualada a cousa pero na segunda viuse a un bo Coruxo que conseguiu os tres goles antes de que os nosos case ó final fisexen o da honra. Nesta segunda metade viuse ós nosos moi cansos, agardemos que isto non continúe así na fase nin nos dous últimos partidos de liga xa que nos xogamos o segundo posto co Montañeros que nos aventaxa en dous puntos.

A próxima semana xogamos o sábado ás 5 da tarde contra o propio Montañeros e debemos gañar para aspirar ó subcampionato. Sendo o último desplazamento de liga e chegando tal e como chega ademáis de que é a sabado deberiamos ir un bo número de aficionados ata o campo de Elviña na Coruña para dar os últimos pulos ós nosos neste final de liga.

Deica o sábado!!