martes, 26 de mayo de 2009

Ourense 4-0 Tudelano. Ida da primeira rolda do play-off.

Partido que durante a primeira metade moitos vimos perigar pero que tras a parada de Berto dun penalty na primeira metade parece que foi o rebulsivo xa que os nosos comezaron a botarse cara arriba e así chegou o primeiro gol. Xa na segunda metade volvimos a saír moi enchufados e pouco a pouco foron chegando os nosos goles e cada vez os do Tudelano víñanse máis atrás ata o 4-0 final que desatou o delirio nas bancadas con semellante comezo de play-off xa que foi o mellor resultado das eliminatorias de todo o Estado.

O ambiente foi o dunha gran cita, e algúns xa merodeabamos polo Estadio ó mediodia e entre as 3 e as 4 foron chegando o resto dos membros do grupo comezando a escoitarse xa os primeiros cánticos na cantina das aforas do campo, tamén houbo tempo para darlle ánimos ós nosos segundo entraban a vestiarios, ás 5 e algo cando xa estabamos todos recollimos o posto do material e fumonos para adentro.Desplegamos dúas faixas á saída dos xogadores cos lemas: "A cor do meu sangue", "A forza do meu corazón".
A animación foi en todo momento ensordecedora con máis dun cento de persoas na nosa esquina do fondo animando sen parar, algo que agradeceron os xogadores no primeiro gol, e ó remate do encontro tanto dende o céspede como á saída de vestiarios onde os agardamos para darlles as gracias polo esforzo e o gran partido realizado.

A semana que ven tócanos desplazarnos a Tudela a darlles ánimos ós nosos para que non se relaxen e que sigan echufados para a segunda rolda, o clube poñerá a disposición dos aficionados os autobuses necesarios, en canto saibamos se imos nun bus só para nós ou con máis ourensanistas e coñezamos os horarios e o plan da viaxe poñeremolos aqui. Animádevos a ir que agora é cando temos que disfrutar disto.
Os precios para o Tudela-Ourense no Estadio de Elola para nós serán 20€ e 15€ dependendo da grada e Gratis para os menores.

Aquí tedes unhas fotos e un vídeo do encontro:





No hay comentarios:

Publicar un comentario