domingo, 22 de febrero de 2009

Ourense 4-0 Naron

Outra goleada máis e cuarta victoria consecutiva, que nos afianza no segundo posto co empate do Montañeros.

Entrada no estadio bastante escasa polo entroido e no fondo bo ambiente pra comezar a festa.

Tamén dicir que nas semifinais da copa tocounos o Jaén, xogando a ida na casa e a volta fóra.





Xa está programada a serie de actividades que terán lugar no Ourense-Compostela entre as dúas aficións, a continuación queda a programación:

DUAS EQUIPAS, UMHA NAÇOM
DOMINGO 8 MARÇO na Praça da Chave
Dende a manhá haverá um mercado solidário com Santi e Jose
11:00 a 12:00
JOGO: siareir@s compos VS siareir@s ourense
12:00 a 14:00
CAMPIONATO BILHARDA
14:00 a 16:00
CONCERTO SKÁRNIO
17:00
JOGO: Ourense VS Compostela

lunes, 16 de febrero de 2009

AS BANCADAS DO COUTO NOS NOVENTA

Fotos das gradas do Couto na década dos noventa, iremos subindo pouco a pouco fotos, fotomontaxes e recortes a medida as vaiamos recopilando.










Ordes 0-1 Ourense

Bo partido dos nosos que tras o partido de copa do xoves co Burgos de 120 minutos en Ordes xogaron unha boa primeira metade cun gol que bastou nunha segunda na que pouco a pouco o Ordes foise botando arriba metendonos o medo no corpo no final do partido pero ó final por sorte aguantamos e levamonos a cuarta vitoria consecutiva e colocamonos na segunda posición da táboa.



Na grada 30 ourensáns con 10 siareir@s pola nosa parte que a pesares da paliza de viaxe animamos bastante.




Por certo comentar que o partido da semana que ven contra o Narón será o sábado ás 5 da tarde para comezar forte o entroido asi que a animarse todo o mundo para este partido que hai que seguir animando ó noso equipo para manter esa posición clasificatoria e ó ser a sábado hai que montar unha boa e crear ambiente.




Saúdos e vémonos no fondo!!




sábado, 14 de febrero de 2009

Ourense 0-0 Burgos (5-4 penaltis); 1/4 da Copa



Partido moi intenso como é habitual na copa e máis entre dous equipos con traxectorias tan similares, sen un xogo moi vistoso (o estado do terreo de xogo tampouco axudaba) chegouse co resultado inicial ó final dos 90 minutos e tamén ó final da prórroga co cal chegaron os penaltis e tras 6 penaltis e cun paradon de Berto clasificamonos para as semifinais desta copa na que defendemos titulo e o sorteo das semifinais será o venres 20 de febreiro.

Na grada boa resposta da afeción con máis de un milleiro de persoas na grada e pola nosa parte moita animación todo o partido e nutrida presenza na grada rondando o medio centenar de siareir@s.

Agora toca pensar na liga e en seguir afianzandonos na fase de ascenso.

Saúde.






miércoles, 11 de febrero de 2009

Para comezar...

...tras varios anos salvandonos do descenso "in extremis", o ano pasado C.D. Ourense voltou á 3ª División 23 anos despois con grandes problemas economicos, A*V como non podia ser menos continuamos ahí, no fondo animando como levamos facendo dende 2005 e este ano inda por riba con desprazamentos cada quince dias, unhas veces mais e outras menos pero ahí estamos, por toda Galiza seguindo ó noso equipo.

Atras quedan eses desplazamentos multitudinarios a Lugo, Corunha, Ponte Vedra, Vigo, Ferrol, etc. este ano toca outra cousa, toca recorrer todas as vilas do noso país para tentar voltar canto antes a ascender, e mentres pois a ver fútbol todolos fins de semana.

Mención especial merece o título de Copa RFEF logrado o ano pasado cunha final en reus que alguns seguimos pola radio en catalán e outros nen iso, o cal foi unha pena pero bueno...agora aqui estamos tras 4 anos con xa mais de media liga xogada en postos de promoción de ascenso e na Copa RFEF en 1/4 agardando a volta contra un historico coma o Burgos no Couto...e aqui continua esta historia que comeza a ser reflexada neste noso blog, e que agardemos que asi siga durante moito tempo, por que sexamos os que sexamos ahí seguiremos...

FORZA OURENSE!!!!

Algarada*Vermelha Siareir@s antifeixistas do C.D. Ourense