miércoles, 11 de febrero de 2009

Para comezar...

...tras varios anos salvandonos do descenso "in extremis", o ano pasado C.D. Ourense voltou á 3ª División 23 anos despois con grandes problemas economicos, A*V como non podia ser menos continuamos ahí, no fondo animando como levamos facendo dende 2005 e este ano inda por riba con desprazamentos cada quince dias, unhas veces mais e outras menos pero ahí estamos, por toda Galiza seguindo ó noso equipo.

Atras quedan eses desplazamentos multitudinarios a Lugo, Corunha, Ponte Vedra, Vigo, Ferrol, etc. este ano toca outra cousa, toca recorrer todas as vilas do noso país para tentar voltar canto antes a ascender, e mentres pois a ver fútbol todolos fins de semana.

Mención especial merece o título de Copa RFEF logrado o ano pasado cunha final en reus que alguns seguimos pola radio en catalán e outros nen iso, o cal foi unha pena pero bueno...agora aqui estamos tras 4 anos con xa mais de media liga xogada en postos de promoción de ascenso e na Copa RFEF en 1/4 agardando a volta contra un historico coma o Burgos no Couto...e aqui continua esta historia que comeza a ser reflexada neste noso blog, e que agardemos que asi siga durante moito tempo, por que sexamos os que sexamos ahí seguiremos...

FORZA OURENSE!!!!

Algarada*Vermelha Siareir@s antifeixistas do C.D. Ourense

1 comentario: