Bo partido dos nosos que tras o partido de copa do xoves co Burgos de 120 minutos en Ordes xogaron unha boa primeira metade cun gol que bastou nunha segunda na que pouco a pouco o Ordes foise botando arriba metendonos o medo no corpo no final do partido pero ó final por sorte aguantamos e levamonos a cuarta vitoria consecutiva e colocamonos na segunda posición da táboa.


Na grada 30 ourensáns con 10 siareir@s pola nosa parte que a pesares da paliza de viaxe animamos bastante.
Por certo comentar que o partido da semana que ven contra o Narón será o sábado ás 5 da tarde para comezar forte o entroido asi que a animarse todo o mundo para este partido que hai que seguir animando ó noso equipo para manter esa posición clasificatoria e ó ser a sábado hai que montar unha boa e crear ambiente.
Saúdos e vémonos no fondo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario