jueves, 13 de agosto de 2009

Algarada pronto será historia.

Así é. É un feito triste e desagradable pero parece que o mais axeitado é o que se vai facer, e é que a partir desta tempada (30 de agosto, data do comezo da liga) Algarada Vermelha e Old Firm uniranse baixo un único nome co que se pretende crear definitivamente e tras o paso de tantos grupos polo fondo do noso estadio un grupo de animación que leve a voz cantante do Couto ou daquel lugar onde o noso equipo xogue, un grupo que definitivamente se asente nas bancadas ourensanas para durar moitos e moitos anos, para vivir bos e malos momentos e en definitiva para facer historia alí onde estea desmarcandose do resto de aficionados ourensáns na hora na que o noso equipo salte ó terreo de xogo e toque darlles o noso alento e tamén fóra dos terreos de xogo onde tamén hai moitas cousas que facer, moito que cambiar e onde tamén debemos dar que falar se queremos chegar a facer cousas grandes. Agardemos que a colaboracion sexa constante e que as cousas nos vaian ben para que este grupo sexa por fin un referente e que este nome non morra nunca e baixo el moitas persoas o defendan, en definitiva agardemos que este novo grupo sexa...eterno.

Esta tempada daremos o primeiro paso e de aqui en adiante na nosa man está a historia que queremos escribir baixo o nome do noso novo grupo:

¡¡ OULIGANS !!

No hay comentarios:

Publicar un comentario