martes, 18 de agosto de 2009

Reunion.

Na reunion de onte decidiuse o modelo da faixa do novo grupo que podedes ver ó fondo da noticia, tamén se decidiu que no primeiro partido haberá barrilada gratis para tódolos socios de grupo no Skalón de onde sairemos todos xuntos camiño do estadio, e por último e máis importante que o venres é o ultimo día para pagar os 45 € para sacar o carnet de socio do grupo co que agasallaremos unha camisola do grupo, os que non paguen antes do venres terán que sacar o carnet nunha segunda tirada ou individualmente cada un.

O venres nova reunión ás 9 da noite no Skalón na que decidiremos temas que quedaron pendentes como facer unha faixa pequena para os desplazamentos e outro material, unha faixa-mensaxe para o primeiro partido sobre o tema do peche de fondo, o tema dos desprazamentos para o que hai dúas opcións: poñer unha cuota fixa mensual e poñer buses para todolos partidos ou semana a semana dependendo da xente interesada en viaxar poñer bus pagado polos que vaian ou ir en coches, etc. dependendo da xente e o desprazamento, etc.




No hay comentarios:

Publicar un comentario