jueves, 30 de abril de 2009

Ourense 2-1 Rápido de Bouzas

Mal partido e derrota que nos deixa a un só punto do Montañeros co que temos un partido a semana que ven, a parte dese tan só quedan dous na casa polo que non podemos fallar se queremos quedar segundos. Agardemos que o Compos nos bote unha man esta semana e consiga gañarlles.

Ata alí foi algún membro do grupo pero non se deixou notar moito a presencia ourensá.

O domingo ás 5 na casa partido moi importante contra o Coruxo no que agardemos que tras estas xornadas de relax voltemos a xuntarnos algo de xente na grada e montar bo ambiente para ir quentando motores para o play-off. E despois ás 7 e media xoga o filial contra o Barco para intentar evitar o descenso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario